Últimos posts

Subscribirme al RSS

Señora Díez González, pexorativamente “Dona Rosa”

Dona Rosa María, non lle vou a dar o gusto de chamala “vasca”, no sentido máis pexorativo da palabra; xa que caería nos mesmos “rebuznos pexorativos” aos que vostedes os políticos téñennos afeitos, cando nas réplicas, empregan os consabidos: “…e ti máis”.

Sen entrar nas distintas acepcións que, segundo a nación ou rexión, atribúenlle pexorativamente ao noso xentilicio, e sen saber a cal delas referir vostede, é de supor que ao empregalas en dous personaxes tan distintos, quixo tamén facer distinción entre o “galego pexorativo” do Sr. Zapatero, e o “galego” referido ao Sr. Rajoy.

Ao non ter claro, eu, o xentilicio ao que vostede pertence; baseándome en que “o hábito, non fai ao monxe”, pois aínda exhibindo vostede, ese acento tan vasco, e aínda habendo nacido nun pobo de Biscaia, sinceramente, non a vexo desa ascendencia; entón permítame que a poña no seu sitio, refírome a situala, se me permite. Tendo en conta tamén, os seus apelidos, tan pouco vascos, que proceden seguramente de Diego e de Gonzalo, posiblemente polas súas veas corra un sangue sen esa compoñente, que segundo o seu colega Sr. Arzalluz, distíngueos do resto de habitantes do “solar” patrio. ¿Procede vostede entón dunha familia “maqueta”?, das que tanto abundan nese país, as cales foron, a maioría, para gañarse o “garavanzo”, traballando nos altos fornos biscainos .

Mire vostede, deixémonos de lerias, xentilicios pexorativos ou non pexorativos, de subgrupos ou compoñentes sanguíneos excluíntes, e de ”subidas e baixadas de escaleiras”.

Eu son galego, ata no máis pexorativo, e nunca deixarei, nin quererei deixar de selo. Xa somos moitos os españois que crecemos en democracia, e madurou suficiente a nosa mentalidade nese sentido. Deixe esas formas “pexorativas” de: charnegos, galegos e maquetos <cada unha coas suas connotacións> como diversión para nenos en patios de colexios.

Para rematar, abundando un pouco máis no tema, permítame dicirlle que se vostedes os políticos, persisten algúns/as, neses rebuznos; e outras/os, en o seu inmadurez, ou infantilismo; fágano sen chamar tanto a atención, pois lles chamarán, e con acerto  “burros de solemnidade”, e debuxaranos con orellas como tales. E menos aínda, non se eleven os seus “señorías” , a condición, ao rango de galegos; aínda sendo na súa acepción máis pexorativa…, á maioría, lles “cae grande”.

Pola miña banda, non rectifique vostede, o ser galego non admite ningunha rectificación, nin renunciaremos a selo nin tendo “un fresco xeral procedente do noroeste”, furacáns ou ciclóns F....

 

Enlace a la entrevista de Iñaki Gabilondo a Rosa María Díez González.

 

http://www.xornal.com/artigo/2010/02/25/politica/diez-dice-no-pretendia-ofender-nadie-gallego-peyorativo/2010022513254600239.html

Permalink     1 comentario    




Comentarios

No cabe duda que los politicos no se dan cuenta muchas veces donde se encuentran, hasta el día de la fecha muchos de ellos han caido con sus comentarios con microfonos abiertos o con algún periodista en las proximidades, y no digamos en los estamentos oficiales, pero bueno, que le vamos hacer, los pensamientos, a veces, nos salen a relucir.

enviado por Jose Juan Chas Muñiz el 28 febrero 2010 a las 05:52 PM CET #



Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado